Unhas semanas máis tarde achego algunha imaxe do que foi o entroido en Verín este ano. Era a miña primeira vez no entroido de Verín e teño que dicir que o pasei moi ben, xunto con xente nova que me acolleu de marabilla no seu grupo e con algunha visita de amizades que sempre alegra a un!
Este é o Meco (en realidade debería ser o Mandadiño) que improvisamos no cole.
O xoves de comadres fomos todos de pitufinas/pitufos. Pasámolo moi ben!
O venres fomos a cenar a Laza, todos vestidos de "vikingos".
Encontro ese venres con 3 ases da baralla: o Nak, o "Pávila" e o "Coci".
Comendo no meu piso ao día seguinte un polo ao chilindrón que estaba de morte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario